Rematada a conquista do noroeste, despois das chamadas Guerras Cántabras (25-19 a.C.), Roma afrontou a tarefa de organizar os territorios que acababa de incorporar ao seu imperio, implantando para iso un sistema polÃtico administrativo vertebrado ao redor de tres núcleos urbanos de nova fundación: Asturica Augusta (Astorga), Bracara Augusta (Braga) e Lucus Augusti, convertidos en capitais administrativas duns distritos subordinados á provincia e denominados conventos xurÃdicos, e que serán o eixe vertebrador sobre o cal se asentarÃa o proceso romanizador do noroeste peninsular.
Na fundación da cidade non chegou a intervir persoalmente o emperador Augusto, enviando no seu lugar, como legado imperial, a Paulo Fabio Máximo, persoa da súa máxima confianza, encargándoo da fundación material da cidade de Lucus Augusti, feito que se producirÃa entre os anos 15 e 13 a.C., tal como testemuñan os epÃgrafes achados na cidade (un dos cales podemos contemplar no MIHL). De igual modo, o topónimo da cidade obedece á existencia dun templo ou santuario naturista indÃxena, inicialmente Lucus, adicado ao novo culto do emperador Augusto.
A cidade planifÃcase adaptándose ás condicións topográficas do lugar, que terán unha gran transcendencia na súa configuración urbana; determinando a situación do foro, levantado na zona máis elevada da cidade pero desprazado do centro xeográfico da mesma; o trazado viario que, aÃnda que parece responder a un trazado ortogonal, non se aplicarÃa de forma rÃxida; o abastecemento de auga, coa construción dun acueduto de captación de mananciais acuÃferos, e a rede de saneamento, cun nutrido número de canalizacións que discorren, inicialmente, paralelas ás rúas e, posteriormente, soterradas baixo as calzadas; por non falar da influencia que a topografÃa exercerá, séculos máis tarde, sobre a construción da muralla. Por outra banda, a excelente situación da cidade permitirÃalle converterse nun auténtico epicentro viario, do que arrancaban ou no que morrÃan varias rutas, como nos recorda o miliario conmemorativo de bronce que se ergue na rúa Armanyá, en pleno centro histórico.
Durante os tres primeiros séculos da súa existencia, a cidade coñecerá un importante pulo urbanÃstico que se traduce na consolidación das infraestruturas viarias, a organización dun sistema de abastecemento e saneamento de augas, a consolidación do seu centro monumental e a definición dos espazos residenciais e artesanais, coa localización ao norte e nordeste da cidade dunha importante barriada industrial, centrada na produción oleira. A importancia que adquire a cidade a comezos do século III propiciarÃa a súa conversión en capital dunha provincia, de escasa duración lamentablemente, denominada, non é seguro, Provincia Superior Gallaecia.
No último terzo do s. III e todo o s. IV d.C., a urbe lucense coñecerá un novo perÃodo de reformas urbanÃsticas, motivado fundamentalmente pola construción dun bastión defensivo. A muralla introducirá importantes cambios na fisionomÃa da cidade, xa que a súa construción, ao adaptarse á topografÃa do terreo, deixa de lado amplas zonas situadas ao SO, gañando pola contra unha estreita franxa de territorio cara ao N e NO, onde espazos antes reservados a necrópoles e á actividade artesanal quedan agora integrados na nova traza urbana.
O solpor da cidade chegarÃa coa súa caÃda na man dos suevos no fatÃdico dÃa de Pascua do ano 460, segundo nos relata o bispo Hidacio de Chaves.
|