| Adorno persoal: Alfaias |
|
Como complemento do adorno persoal, as mulleres romanas adoitaban usar brazais e pulseiras, a maioría de bronce barato, con decoracións estampadas ou incisas. Os brazais característicos romanos tamén podían ter forma de serpe, símbolo da fecundidade, aínda que os máis frecuentes eran sinxelos aros de bronce ou de pasta vítrea. Moitas mulleres perforaban as orellas para usar pendentes, algo común durante todo o Imperio romano, habitualmente en forma de aro ou con incrustacións de pasta vítrea, pero dos que apenas coñecemos un sinxelo ejemplar en bronce. Para os colares e outros colgantes, usaban abelorios de pasta vítrea, a falta de pedras preciosas ou semipreciosas, máis caras e difíciles de conseguir; engarzados en fíos de cobre, prata ou quizais coiro e fibras vexetais |