|
|||||||||||||||||||||||||||||||
Responde ao tipo de brazalete ríxido, realizado a partir dunha tira de bronce de sección semicircular ou en cinta, con diversas decoracións estampadas ou incisas, de líñas oblícuas en espiña de peixe, rematada nun dos seus extremos con líneas e círculos, que semellan a cabeza esquematizada dun animal, que ben puidera ser unha serpe, motivo que simboliza a inmortalidade.
Este tipo de obxectos pertence aos denominados ornamenta ou obxectos de embelecemento persoal, que eran usados por todas as clases sociais, pero que en función do tipo de material (ouro, prata …), podían tamén ser un reflexo do status social.