As inscricións votivas ou religiosas, dedicadas
ás diversas divinidades, recóllense nas
aras ou altares, normalmente de granito, que adoptan tipos e formas diferentes.
A ara tipicamente romana, moldurada segundo os canons clásicos,
caracterízase por unha pedra exenta, cunha altura entre 60 e 90 cm, de forma cúbica, con
cornixa acrecentada arriba e base saínte, en medio das cales se dispón o campo
epigráfico. Na parte superior estaba provista dun focus ou rebaixe circular para recibir as ofrendas de sangue ou
líquidos. Dentro deste modelo clásico, existen multitude de variantes, cada
unha coa súa peculiaridade, que responden ao traballo dos diferentes obradoiros
ou ás demandas dos clientes. No campo epigráfico recóllense as dedicatorias ás
diferentes divindades, seguindo unha estrutura moi simple: nome da divindade,
dedicante e fórmula final (V.S.L.M. ou EX VOTO).