|
||||||||||||||||||||||||||||||
Altar completo, con base e remate, realizado en granito.
Altar de Mitra erixido por Victorio Victorinus, un centurión da lexión VII G.P. Antoniniana, como epíteto da lexión.
A devoción a Mitra, deus da luz de orixe persa, foi un dos tantos cultos mistéricos que os romanos introduciron desde as provincias do este. Este altar apareceu situado no mithraeum atopado durante a escavación realizada en 2003 no soar do vicerrectorado, ao lado da muralla e enfronte á fachada da catedral.
Outro dato interesante que ofrece esta inscrición é a mención dunha oficina de recaudación de impostos (statio) en Lucus Augusti.
INVIC (to) MITHRAE / G (aius) VICTORIUS VIC/TORINUS ((centurio)) L (egionis) VII G (emina) / ANTONINIANAE P (iae) F (elicis) / IN HONOREM STA/TIONIS LUCENSIS / ET VICTORIORUM / SECUNDI ET VIC/TORIS LIB (ertorum) SUOR/UM ARAM PO/SUIT LIBENTI / ANIMO (hereda).
Ao deus invicto Mitra, Gaio Victorio Victorino, centurión da Lexión Séptima Gémina Antoniniana Pía Feliz,en honor da statio lucense e dos Victorios Segundo e Victor seus libertos, puxo este altar de moi bon grado.