Adorno persoal:
Alfinetes

Como complementos de beleza feminina utilizábanse tamén agullas e alfinetes de bronce e sobre todo de óso, coa cabeza moldurada ou tallada de diversas formas, frecuentemente utilizados nos peiteados (acus crinalis) polas escravas perruqueiras (ornatrix), coa función de suxeitar e decorar os cabelos, como variantes das horquillas actuais.

A partir de época Flavia, a moda romana inventa complexos peiteados que empregan con frecuencia postizos e esixen deceas de alfinetes, que adoptan diversas formas e decoracións segundo o tipo de material empregado. Normalmente estaban rematadas cunha simple boliña, ou ben cunha decoración máis complexa.

001
001
001
001
001
001