|
||||||||||||||||||||||||||||||
Alfinete de óso para o cabelo, de fuste fusiforme, lixeiramente estrangulado no colo, rematado nunha cabeza bicónica, o que lle falta a punta distal.
Os alfinetes para o cabelo (acus crinalis), foron de uso xeral para todas as mulleres durante a antigüidade. Para a época romana os exemplos que proporcionan os textos e os monumentos son abundantes e permiten determinar exactamente os seus diversos usos: separar os cabelos, rizar, alisar, suxeitar os moños ou tamén podían usarse para perfumarse, xa que aparecen moitas veces representados á beira dos vasos de perfume. En Lugo, son numerosos os alfinetes de bronce e sobre todo de óso, dos cales se identificou un taller que elaborou este tipo de manufacturas a partir de metacarpos ou metatarsos de bos taurus (toro).