Monolito fundacional
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa dos Clérigos (1988)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Honorífico / Cultual
Abrasión. Pulido. Tallado e gravado
Local / Rexional
Fin século I a.C.
2.75 m de altura x 0.60 m de anchura e 0.35 m de profundidade. Alturas letras: 6 cm.
 
Granito / Epigrafía honorífica
Monolito
Descrición

Monolito fundacional da cidade ofrecido por Paulo Fabio Máximo. Rematado en frontón semicircular e coa base semidesbastada, como para ser enterrada e manter estante o monumento. O texto epigráfico está gravado no tercio superior do monolito. A primeira liña está bastante erosionada, aínda que non tanto como para non poder distinguir claramente un C e un M e, con menos nitidez, un A interposto, o que permite ler con moitas vacilacións [V(rbis)] C (onditori) A(ugusto) M (onumentum), entendendo a última das palabras como feito conmemorativo. O texto reconstruiríase, polo tanto, do xeito seguinte:

[V (urbis)] C (onditori) A (ugusto) M (onumentum) / CAESARI / [P]AVLLVS FABIVS / MAXVMVS / LEGAT(us). CAESARIS

Monumento a Augusto, fundador da cidade, Paulo Fabio Máximo, legado de César, faille esta dedicatoria ao César.

Bibliografía
001
001
001