| Epigrafía: Outra |
|
En contraste coa meticulosidade e o rigor que ofrece a escrita máis oficial, existen tamén textos cursivos, máis irregulares, que xorden de forma espontánea e sobre os máis variados soportes (cerámica, pedra ou metal), co fin de transmitir recados, mensaxes de maldición ou agradecemento, facer contas, eternizar un pensamento, realizar prácticas ou simplemente deixar constancia das iniciais do nome nun obxecto da súa propiedade. |