|
||||||||||||||||||||||||||||||
A maioría das olas da forma O1A son de pasta gris, e hai poucas de pasta ocre, coma esta. Este tipo de olas empregábanse para a cociña pero neste caso foi reutilizada como recipiente para as cinzas do difunto, atopada na necrópole de incineración da Praza de Ferrol. A ola é de corpo globular con decoración espatulada vertical de trazado moi irregular.
Baixo o bordo conserva un grafito inciso, onde pode leerse: Ola Saturn…..habebit dua gena irata. Ofrécesen dúas posibles lecturas: a primeira sería “Urna de Saturnino… ten dous espíritus enfadados”. A outra interpretación refire a existencia dunha divindade chamada Duagena de posible natureza celta, como ameaza aos posibles violadores da urna de Saturnino co castigo por parte desta deusa: “Quen viole a urna de Saturninus enfadará a Duagena”. No fondo, grafito estrelado composto por tres liñas secantes.
Esta inscrición pode interpretarse como unha maldición ou fórmula defixionis contra os posibles saqueadores de tumbas.