Grafito de abecedario
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa do Moucho (2001)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Época romana
Pedagóxico
Torno / Gravado
Lucus Augusti
Séculos V-VI d.C.
18 cm
 
Arcilla / Epigrafía varia
Ostrakon
Descrición

Fragmento de cerámica pertencente a un prato ou fonte da produción lucense de cerámica gris fina tardía, aparecida no forno cerámico de Carril do Moucho, que presenta defectos de cocción. Ten ademáis gravado en ambas caras un abecedario latino. No anverso aproveitáronse os galbos da fonte para gravar neles sendas liñas de escritura inconexas na parte superior e un alfabeto no inferior; mentras que no reverso fíxose o mesmo pero plasmando o nome e apelativos do autor (Asterios Armentarius), así como certos caracteres inconexos e repetitivos, e gravando cada unha das dúas liñas en sentido contraposto.

A súa interpretación parece corresponderse a un ostrakon (peza de cerámica con inscricións de carácter práctico) sobre a cal un aprendiz fixo os seus exercicios de escritura.

Tanto o contexto arqueolóxico como a paleografía dos caracteres aconsellan unha época moi tardía, quizais o século VI avanzado.

Bibliografía
001
001
001
001