Escultura con cucullus
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa da Xesta, 3 (2019)
Museo Castro de Viladonga
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Cultual/Funerario?
Esculpido
Local / Rexional
Século I d.C.
Altura 80 cm; anchura 28 cm; grosor 15-18 cm.
 
Granito / Escultura
Estatua
Descrición

Estatua de corpo enteiro á que unicamente lle falta a cabeza, vestida cunha túnica longa que lle cobre dos ombreiros aos pés, que quedan totalmente ocultos, e cicelada mediante pregaduras verticais e oblicuos que se tornan en tres pregaduras horizontais á altura do pescozo, asociados estes a carapucha ou cucullus que colga das costas e que é representada mediante un simple triángulo en relevo. Os brazos insinúanse en ambos os costados, por baixo da mesma peza, descansando as mans pola parte frontal a media altura. A man dereita repousa sobre a cintura, mentres que a esquerda sostén algún tipo de obxecto, executado mediante dúas cintas ou liñas paralelas, de interpretación complexa.

Debido ao contexto no que aparece, considerase que a finalidade funeraria sería a máis probable, aínda que non hai que descartar unha orientación cultual de carácter votivo.

Bibliografía
001
001
001
001