|
||||||||||||||||||||||||||||||
Escultura en bronce que representa a Mercurio, deus do comercio, a prosperidade e a artesanía. Presenta o corpo case na súa totalidade, coa clámide (manto grego de viaxe) pequena e enrolada, colgando no ombreiro esquerdo. Na man dereita leva o marsupium (bolsa) e na esquerda posiblemente suxeitaba o caduceo (símbolo do comercio). A cabeza vai cuberta cun petasus, é dicir un gorro de viaxe coas ás, aínda que unha delas está mutilada e mostra o cabelo rizo. As faccións son suaves e os trazos anatómicos pouco marcados.
A súa función era a de formar parte do larario dunha casa romana ou doutra estancia de tipo privado, onde xunto a outros deuses protexía a familia e velaba polos viaxes, comercio e negocio de quen lle honraba.