Mobiliario metálico:
Ferramentas

En Lucus atopamos unha ampla mostra de ferramentas de moi distintos usos e oficios ou labores de carácter artesanal, desde aperos de labranza (aixadas, machadas, fouces), ferramentas de construción (picos, martelos, cuñas) ou carpintería (aixolas, machados, cravos) e un sen número de pezas, máis ou menos conservadas, de función dubidosa e claramente indefinida. Predominan os útiles de ferro, dos que resulta frecuente atopar rastros da súa fabricación, grazas ao achado de escouras de ferro ou pequenos fornos de fundición. Non obstante a mala conservación dos obxectos, fai que na maior parte dos casos, atópense fragmentados e irrecoñecibeis, en canto á súa aplicación. Outros obxectos menores, realizados en bronce, como anzós, foron ferramentas cotiás usadas polos pescadores do río Miño, ao converterse a pesca nunha actividade económica máis.

001
001
001
001
001
001
001
001
001
001