|
|||||||||||||||||||||||||||||||
Aixada formada por unha lámina ou pa de metal, realizada a partir dunha pletina de ferro, de forma lixeiramente triangular e co fío cortante no extremo, aínda que apenas se nota debido ao estado de corrosión. O enmangue, o cal forma coa pa un ángulo agudo, é de sección tubular, rematado en talón, e recibiría un mango de madeira perpendicular, para suxeitala.
Este apeiro de labranza utilizábase para remover e cavar terras xa roturadas ou para escardar, ademais do seu posible emprego na construción e enxeñería.