|
||||||||||||||||||||||||||||||
Aixada de dous dentes de sección cuadrangular rematados en punta, realizados a partir dunha pletina de ferro, adelgazada na zona do ollo. O enmangue, de sección tubular, recibiría un mango de madeira perpendicular, para suxeitala.
Este apeiro de labranza, coñecido baixo o nome de raster ou rastrum, distínguese pola división nun ou máis dentes. O tipo máis coñecido no mundo romano foi o bidens, de dous dentes, empregado como ferramenta agrícola para remover a terra sobre o chan, limpeza de restrollos ou máis habitualmente, como sucede aínda hoxe en día, para o traballo de despezamento dos terróns despois de arar.