Pintura mural
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Domus do Mitreo
Museo Universitario A Domus do Mitreo
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Decorativo
A fresco / a secco
Lucus Augusti
Séculos II-III d.C.
Varia
 
Pintura mural
Pintura a fresco
Descrición

Pintura mural dunha das estancias da denominada Domus do Mitreo, posiblemente un triclinium. O rexistro decorativo mellor conservado corresponde á zona media da parede. Aparece enmarcado por unha banda negra e no espazo interior representa unha serie de cadrados vermellos separados por unha columna pintada en distintos tons de gris. Os grandes cadrados vermellos están enmarcados por dúas bandas, unha verde e outra amarela, ámbalas dúas fileteadas en branco. No interior do panel hai dúas liñas finas paralelas ás anteriores, unha amarela e outra branca. A zona alta ten un fondo en cor azul, e divídese horizontalmente por unha banda con decoración vexetal de cor verde e negro. Esta banda central está dividida por bandas diagonais en cor vermella fileteadas en amarelo, e sobre a banda azul debúxanse semicírculos en cor vermella.

Bibliografía
003
018
021
025