Fragmento de pintura mural pertencente ao corredor dun dos peristilos da denominada Domus Oceani.
Pintura mural con decoración de motivos florais e vexetais na que se recrea, con gran profusión de detalles, unha composición con frores campanuláceas en cores verdes, rosáceas, ocres e azuis que alternan con trevos verdes, follas de dentes de serra e outras plantas, todo iso sobre un fondo branco.