|
||||||||||||||||||||||||||||||
Lanzadeira de bronce de sección circular formada por un vástago de sección circular, rematado en dúas pinzas.
O seu emprego nos aparellos de pesca, para o trenzado de redes ou na confección de téxtiles, está ben constatado desde época antiga. O sistema de utilización destas pezas consiste en enrolar de maneira lonxitudinal e a través das pinzas o fío da trama, e posteriormente o tecedor tiraba dunha man cara ao seu peito, tanto dunha como doutra das febras próximas a el e coa outra man introducía o fío da trama na apertura unha vez de dereita a esquerda, a vez seguinte de esquerda a dereita.