| Cerámica: Cerámica pintada |
|
Entre as producións cerámicas de época romana presentes en Lucus, tamén contamos con algunhas mostras, aínda que en moita menor medida, de cerámicas pintadas. Os exemplos de cerámica pintada cos que contamos, proceden de obradoiros de tradición indíxena, ben sexan procedentes da Meseta (obradoiros de Clunia) ou do propio noroeste (norte de Portugal), todos eles encadrables na segunda metade do século I d.C. Tamén atopamos contadas mostras de cerámicas pintadas de época baixoimperial, representadas por pequenos vasos e xerras pintados con motivos de liñas vermellas, en moitos dos casos procedentes dos talleres e fornos locais. |