|
||||||||||||||||||||||||||||||
Vaso de forma ovoide, con bordo exvasado, que presenta restos de engobe vermello no interior; fondo resaltado e de perfil anguloso. A superficie recibe un engobe de cor ocre alaranxado, sobre a cal se aplica unha decoración pintada, que ocupa toda a superficie do vaso, cun tema de inspiración vexetal con motivos de follas de auga.
É un dos tipos xenuinos da produción local de Lucus Augusti, que imita á cerámica de paredes finas de Melgar de Tera (Zamora), tanto na forma (Melgar I) como na decoración (follas de auga a barbotina). Constitúe unha das formas rexionais de vasos máis características.