Escultura

 En Lugo son exiguas, por non dicir case nulas, as mostras de escultura romana, ben sexa en vulto redondo ou en relevo. O granito é o material empregado máis habitualmente, e nel aparecen representadas tanto as tendencias cultas como as populares. As pezas en mármore son poucas, xa que apenas existen canteiras en Galicia, agás na zona do Incio.

As obras amosan a vertente culta da arte provincial romana, executadas cunha técnica de factura clásica, con  pezas en vulto redondo e en relevo que reflicten temáticas moi queridas polas elites. A escultura en bronce é minoritaria, vinculada á arte culta con representacións de filiación clásica e cunha técnica de elaboración á cera perdida. Outro dos monumentos máis representados na plástica galaico-romana son as estelas funerarias con relevos, as cales merecen unha mención especial, xa que coñecemos unha ampla e variada mostra e son auténticos exemplos da arte provincial menos culta.

003
Estatuaria
018
Relevos
021
Estelas