| Escultura: Relevos |
|
Este tipo de representacións plásticas, e ao marxe das estelas funerarias, son obxecto dunha variada temática, onde podemos atopar relevos de carácter militar, típicos da arte oficial, como o do signifer, ata outros de carácter máis relixioso, como o relevo de Xúpiter. Son representacións realizadas en mármore ou granito, algunha das cales aínda que interpretan temas da arte culta, presentan unha técnica máis expresiva e menos clásica e polo tanto máis vencellada á vertente indíxena ou da arte popular. |