| Escultura: Estelas |
|
As estelas funerarias con relevos representan unha tendencia da arte provincial na súa vertente popular pero, ademais, amosan algunhas das mellores obras da vertente culta e da plástica do noroeste. Poden agruparse segundo a súa representación en estelas simples con figuración humana, estelas bifrontes e as que teñen simplemente unha decoración astral ou xeométrica. Entre as primeiras ten singular interese a estela de Crecente (San Pedro de Mera, Lugo). En Lucus e no seu territorio adquiren especial relevancia as estelas bifrontes, con decoración de escenas e figuras humanas, ao parecer produtos dun mesmo taller ou centro de produción que centraría a súa actividade nun ámbito cronolóxico dende o século III ao IV d.C. |