|
||||||||||||||||||||||||||||||
A placa, de forma rectangular, contén unha escena en baixo relevo, cunha figura humana á dereita, estante e espida, que apoia o seu brazo esquerdo sobre un escudo que descansa sobre o chan, e coa dereita suxeita unha lanza. Na esquerda un ara flanqueada por columnas sobre a que se pousa un aguia coas ás estendidas, símbolo do pai dos deuses e de Roma mesma, Xúpiter. Pode facer referencia ao capitolio da cidade ou a existencia dunha aedes Iovi.
Encaixada sobre a clave do arco da antiga Porta Nova da muralla de Lugo. A peza estivo neste lugar durante case medio século, xunto con diversos epígrafes, no seu paramento dereito, ata que se trasladou ó conxunto do Museo no ano 1955.