| Adorno persoal |
|
Os romanos adquiriron un gusto desmedido polas xoias, perfumes, ungüentarios, teas preciosas ou todo aquilo que contribuía a realzar a súa indumentaria. Todo iso responde non só a unha necesidade ou a uns gustos, senón a un significado máis profundo como signo do estatus social, do estado civil e da idade. Os obxectos de adorno persoal, como aneis, pulseiras e colares usábanse profusamente. A maioría eran de bronce barato e ás veces de vidro. En Lucus Augusti non aparecen xoias valiosas e son raros os obxectos de ouro ou mesmo de prata. Non deixa por iso de ter interese a colección de aneis, fíbulas, alfinetes de cabelo, pulseiras e demais alfaias procedentes dás escavacións arqueolóxicas, pois ilustran, a pesar de modestos, os tipos máis frecuentes. |