Adorno persoal:
Fíbulas / Fibelas

Para fixar algunhas pezas de vestiario, usaban os romanos a fíbula, un alfinete metálico a modo de imperdible, de forma e tamaño variados, con diferentes mecanismos tendentes a asegurar o peche da agulla e a suxección da vestimenta.

En Lucus os tipos máis frecuentes son as fibulas anulares ou en omega, moi correntes en todo o noroeste. Xunto a elas aparecen tamén a miúdo as fíbulas de charnela, do tipo Aucissa. Máis raras son as fíbulas esmaltadas, un modelo moi bonito e de execución bastante coidada.

Como complementos da indumentaria, aparecen tamén broches ou fibelas de cinto, cuxos trazos formais e técnicos permiten determinar a súa adscrición cronolóxica.

001
001
001
001
001
001
001
001
001