|
||||||||||||||||||||||||||||||
Vasiño con pé resaltado e perfil anguloso, corpo ovoide e bordo exvasado, apenas desenvolvido. A súa pasta é de cor ocre e micácea. Carece de decoración.
Esta forma é un dos vasos característicos da produción lucense, imitando algunhas das formas propias das producións de paredes finas, como a forma Mayet XL ou tamén a Forma I de Melgar. Están ben representados en contextos da cidade, entre finais do século I e as décadas iniciais da segunda centuria.