Capitel de mármore
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa da Cruz, 18 (1995)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Arquitectura
Tallado
Local / Rexional
Séculos IV-V d.C.
Ancho: 44. Altura; 31 cm
 
Mármore / Material de construción
Capitel
Descrición

Capitel de columna tardorromana, labrado en mármore branco veteado gris, característico das canteiras do Incio (Lugo). Decoración vexetal, formada por dúas coroas de follas de acanto lisas, que arrincan dun pequeno collarino, coa parte superior redondeada e separada lixeiramente do corpo do capitel. A superficie das follas está percorrida verticalmente por unha nervadura central. Sobre as follas da segunda coroa, situadas nos ángulos do capitel, nacen unha serie de volutas executadas cun marcado carácter vexetal, a base de incisións en forma de V, que evidencian un acentuado esquematismo. Aparece asociado a unha base do mesmo material, polo cal poderían pertencer ao mesmo complexo construtivo.

Bibliografía
003
018
021
025
032
037
037
037