|
||||||||||||||||||||||||||||||
Base dunha columna tardorromana labrada en mármore branco veteado gris, característico das canteiras do Incio (Lugo). A base consta dun plinto cadrado de 45 cm de longo por 3 cm de altura, sobre o que se asenta un touro do que arrinca directamente o fuste da columna, apenas diferenciado por un pequeno listel. Aparece asociado ao capitel do mesmo material, polo que poderían formar parte do mesmo complexo construtivo.