Estela de Adai
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Sta. M.ª Magdalena de Adai, Lugo
Museo Provincial de Lugo
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Funerario
Abrasión, desbastado, tallado e gravado.
Local / Rexional
Século IV d.C.
92 x 57 x 13,5 cm
 
Granito / Estelas
Estela bifronte
Descrición

Estela bifronte, labrada polas dúas caras e anepígrafa. No anverso representa unha escena funeraria, con dúas figuras humanas togadas sendentes, unha masculina e outra feminina. A masculina ten mutilada a cara, apoia a man dereita sobre o seu peito, coa túnica por baixo dos xeonllos. A segunda figura, considerada feminina polo tipo de roupa e os adornos, viste longa túnica ata os pés, suxeita á altura do peito por unha fíbula e pulseiras nas mans, cara expresiva de grandes ollos e porta unha tiara na cabeza. No reverso dúas escenas superpostas: na superior aparece unha venatio (escena de caza), onde un home enfróntase cunha especie de tridente a un animal identificado como un oso; na parte inferior, unha curuxa está parada fronte a dúas aves de menor tamaño, talvez pombas.

Bibliografía
001
001
001
001