|
||||||||||||||||||||||||||||||
Estela bifronte, labrada polas dúas caras e anepígrafa. No anverso, representa dous personaxes vestidos con túnica e toga. Unha parella matrimonial que reforza os seus vínculos no tránsito ao máis aló. Parecen portar torques ao redor do pescozo. Polo reverso aparece representado burdamente un dos traballos de Hércules, por tanto adivíñase a figura do heroe en relevo, así como a coñecida figura do centauro Nesos.
Recuperada entre os cubos 59 e 60 da Muralla de Lugo, no ano 1998.