Estela de Crecente
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Crecente, Lugo
Museo Provincial de Lugo
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Funerario
Baixorrelevo
Local / Rexional
Século I d.C.
280 x 71 x 20 cm
 
Granito / Estelas
Estela
Descrición

Monumental estela de granito que pertence á categoría dos chamadas estelas de edícula típicas doutras zonas do imperio como a Galia ou Mérida, onde aparecen algúns exemplares coa representación do defunto togado na zona frontal do nicho. Baixo un frontón semicircular aparecen representados catro personaxes vestidos á moda romana que serían a familia da defunta. A representación plástica móstranos a defunta rodeada da súa familia. Baixo a hornacina, no centro unha figura masculina, posiblemente o pater familias, vestido con túnica e toga, divide en dous o campo escultórico. Diante del dúas figuras femininas sentadas, vestidas con túnica e toga, ataviadas con colares de perlas e brazaletes. A figura da esquerda leva no seu colo a un neno, con túnica de manga curta, que sostén cunha man unha especie de aro e coa outra unha bóla. A parte inferior ocupa o epígrafe de 64 cm que presenta unha fractura na parte media provocada por unha escavadora ao ser extraída. Nesta estela os nomina, filiación e origo da defunta son indíxenas.

Achada en 1995 por D. Manuel Carreira González no camiño de Crecente ao proceder á apertura dunha gabia de condución de auga.


APANA AMBO

LLI F (ilia) CELTICA

SVPERTAM (arica)

Ͻ MIOBRI
AN (norum) XXV H (ic) S (itus) E (st)

APANVS FR (ater) F (aciendum) C ( uravit)

A Apana, filla de Ambolo, Céltica Supertamarica, do Castellum de Miobriga, de 25 anos. Aquí está enterrada. Apano, o seu irmán, procurou facela.

Bibliografía
001
001
001
001