Mobiliario metálico:
Vaixela metálica

A vaixela romana compoñíase dunha ampla gama de utensilios fabricados en diversos materiais, principalmente cerámica; pero entre os enxovais, aínda das casas máis modestas, adoitaba haber tamén algúns destes obxectos feitos en metal, xeralmente de cobre e bronce, empregados ben como pezas de cociña ou no servizo de mesa (tixolas, cazos, xerros, caldeiros, ...). Para a iluminación de determinados ambientes usaban lucernas de bronce.

A maioría dos obxectos metálicos encontrados en Lucus, asociados á vaixela metálica, son de bronce; pero debido ao seu lamentable estado de conservación, apenas é posible realizar o seu estudo e clasificación. Algunhas destas pezas pertencen a aquelas partes máis robustas que se conservan mellor (mangos ou asas), como as asas ou apliques para sítulas ou caldeiros e os soportes para protexer os fondos destes recipientes.

001
001
001
001
001
001
001
001