Xerra
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa dos Clérigos (1988)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Vaixela metálica
Fundición
Indeterminado
Século IV d.C.
6,5 x 10 cm
 
Bronce / Mobiliario metálico
Xerra
Descrición

Fragmento pertencente a unha xerra de colo e boca estreita. A forma xeral da xerra é tendente ao ovoide. Realizada cunha fina lámina de metal martillada, remachada con claviños. Para a súa fabricación individualizouse a boca, o colo e o corpo, cuxa unión se realizou por medio de remaches con cravos.

Trátase dun recipiente pechado, destinado a conter líquidos, que podía ser utilizado no servizo da vaixela de mesa ou en cerimonias relixiosas e rituais; tamén está testemuñado o seu emprego en termas e baños. A vaixela metálica de mesa era habitual entre os grupos de economía media e mesmo baixa. O contexto arqueolóxico no que aparece, determina unha cronoloxía baixoimperial, pero non nos axuda a precisar a función xenérica da mesma.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001
001
001