|
||||||||||||||||||||||||||||||
Asa de cinta para sítula, de forma semicircular, que presenta unha decoración de puntos incisos, obtidos polo martillado. A parte terminal da asa está rematada en forma de motivo estilizado, que lembra a cabeza dun anátido.
Segundo a clasificación de Delgado (1970), este tipo de asa móbil corresponderíase ao tipo I (“rematadas e n cabezas estilizadas de anátidos”). O seu emprego pódese asociar cunha infinidade de recipientes domésticos, e non só nas sítulas; mesmo podían servir para sustentar algúns vasos de vidro, por exemplo os aryballos para o baño. Desde o punto de vista cronolóxico, resulta difícil datar esta clase de obxectos, debido á simplicidade da súa morfoloxía e ao feito de permanecer practicamente inalteradas durante toda a época imperial.