Soporte asa de sítula
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Rúa Recatelo, 16 (1990)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Galaico-Romana
Vaixela metálica
Fundición - molde
Indeterminado
Séculos II a.C. - II d.C.
3,5 x 2,5cm
 
Bronce / Mobiliario metálico
Sítula
Descrición

Soporte de asa para sítula, de argola circular decorada con motivos sogueados e con traveseiro horizontal para suxeitar o bordo da sítula, decorado con motivos de círculos concéntricos.

Neste tipo de soportes, a argola vai unida a un traveseiro curvo que se une por presión ao bordo da sítula e para cuxa fabricación se utilizaron moldes de arxila dos que apareceron diversos exemplares en castros galegos. A sítula era un recipiente metálico (caldeiro, balde ou cubo), con aplicacións moi diversas, aínda que o seu emprego principal era a de conter e transportar líquidos. Normalmente refírese a un tipo de vasilla metálica de forma cilíndrica, tronco- cónica ou ovoide, sen colo e con asa móbil. Era un elemento máis da vaixela metálica, e forma parte tanto do ámbito doméstico como relixioso.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001
001
001