|
||||||||||||||||||||||||||||||
Lucerna de volutas, de pé anular resaltado, co orificio de alimentación circular moi amplo. Disco separado do pico por volutas. Pico alongado, cunha decoración lineal moi simple que comprende un selo ilexíbel, rematado nun orificio semicircular con dúas volutas lateriais. Non conserva asa.
A presenza de volutas nas lámpadas de bronce, constitúen elementos para establecer un criterio cronolóxico seguro, pois as lámpadas homólogas en arxila dátanse no século I da era. As lucernas de bronce son moi escasas en comparación coas de cerámica, que comezaron a realizarse a imitación das de bronce e gozaron dunha maior difusión. Empregábanse para iluminar determinados ambientes substituíndo ás comúns de barro cocido.