| Mobiliario metálico: Varios |
|
Baixo este epígrafe recollemos un variado número de pezas, de usos e funcións moi diferentes, algunha das cales resulta certamente difícil de catalogar. Este pode ser o caso dalgúns obxectos de bronce figurados, que ben puideron servir como apliques de mobles ou pertencer a algún tipo de exvoto. Noutros casos, a tipoloxía e morfoloxía da peza, así como os seus paralelos, remítenos a obxectos de uso cultual. A presenza de pesas de bronce e plomo, falanos da existencia de medidas de peso estandarizadas empregadas na cidade, seguindo os modelos oficializados no mundo romano, ditaminados e fixados dende o poder central. Outros obxectos teñen unha clara filiación militar, xa que poden identificarse con armas ofensivas que formarían parte da panoplia lexionaria convencional. |