|
||||||||||||||||||||||||||||||
Peso (pondus) de báscula romana en bronce, composto de dúas partes: a superior, que serve de asa, en forma de frontispicio, e vírase polos seus extremos en armelas cravadas na caixa, e a inferior ou caixa que contén no seu interior un lingote de chumbo. Porta na parte superior unha letra gravada P, en alusión a pondus ou pondo (peso), pero faltaría por determinar o numeral do peso exacto. Posiblemente correspóndese cun dupondius, é decir dúas libras romanas (654,9 gr).
A funcionalidade desta peza estaría relacionada coas medidas de peso. Os ponderais son os pesos que se utilizaban para equilibrar a balanza. Os ponderais utilizados podían asumir diversas formas, esféricas, semiesféricas ou prismáticas. Habitualmente son de bronce e están recheos de chumbo para alcanzar o peso requirido para o seu correcto funcionamento, evitando así calquera tipo de modificación intencionada que fixese variar o seu peso. De igual modo, a miúdo levan marcas, algunhas das cales serven para expresar o seu peso respecto da líbra ou para facer referencia a unha orixe común de fabricación.