Campaíña
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Carril das Estantigas (1990)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Doméstico ou ritual
Fundición
Indeterminado
Séculos I-IV d.C.
Diámetro: 4 cm. Altura: 3 cm
 
Bronce / Mobiliario metálico
Tintinnabulum
Descrición

Campaiña, denominada tintinabulum, fabricada en chapa de bronce mediante a técnica de fundición. Paredes de perfil lixeiramente curvo e, na parte superior, posúe unha argola con perforación circular para agarrala ou colgala.

As campaíñas tiñan funcións diversas e complementarias. Podían empregarse como amuleto máxico-apotropaico co fin de afastar o mal de ollo, como peza decorativa do arnés de cabalos ou como simple adorno persoal, sen esquecer outros usos no ámbito doméstico e religioso.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001
001