|
||||||||||||||||||||||||||||||
Fragmento de bronce con motivo de sacrificio, que parece representar un porco ou xabaril, sobre unha decoración en trenzado, mentres que o remate é liso con dous conos opostos moi desiguais que parece imitar un terminal de torques. O motivo zoomorfo posiblemente pertence a unha escena cun probable sentido narrativo alusiva ao sacrifico de vítimas animais.
Este tipo de pezas que se deu a coñecer co nome de bronces sacrificiais, presentan bastantes problemas de interpretación. Ofrecen como característica máis relevante a incorporación dunha serie de elementos iconográficos que os relacionan cun posible significado ritual ou simbólico, e a súa aparente falta de funcionalidade, ou polo menos, indeterminación funcional, ademáis da dificultade para determinar a súa cronoloxía.