|
||||||||||||||||||||||||||||||
Fragmento do disco dunha lucerna de volutas, con motivo de gladiador de fronte, coa perna esquerda lixeiramente flexionada, sostendo co brazo esquerdo un escudo ovalado, mentres empuña coa destra unha espada. Corpo espido, viste só unha faldilla curta. O gladiador parece representar un tracio (thraex), basicamente porque leva a espada curva (sica), aínda que o seu escudo é un tanto atípico, xa que o habitual é que sexa rectangular.
As representacións gladiatorias alcanzan un amplo desenvolvemento sobre a lucernaria romana, especialmente presentes sobre as lucernas de volutas da primeira metade do século I d. C.. Esta variedade iconográfica representa un bo exemplo da popularidade que alcanzaron os espectáculos gladiatorios (munera) na sociedade romana.