|
||||||||||||||||||||||||||||||
Máscara de terracota, con restos de engobe ou pintura avermellada en toda a superficie. Presenta buracos de suspensión, tanto laterais como superiores. Manifesta marcados caracteres, con grotesca e desagradable expresión, boca gesticulante, cello contraído e unha pronunciada calvicie.
Representaría a un personaxe cómico da Comedia Nova, o ancián. Iso xunto cos buracos de suspensión, para axustala á cara, suxire o seu uso nas representacións teatrais. Pero as súas reducidas dimensións non parecen facelo factible, polo que tamén se pode interpretar como un elemento decorativo para ser exposto nos corredores dos peristilos (oscilla)