|
||||||||||||||||||||||||||||||
Máscara de terracota, con restos de engobe ou pintura avermellada. Os trazos da cara apuntan a un personaxe imberbe, de fronte despexada e sen pelo, no que lle sobresae unha protuberancia a modo de corno. No rostro destaca o seu nariz, lixeiramente convexa e achatada, mostrando ademais cellas pouco resaltadas e arqueadas. Presenta buracos de suspensión, tanto laterais como superiores,
Representaría a un personaxe cómico da Comedia Nova, talvez o personaxe do parasitus ou adulador que describe Pollux no seu Onomasticum. Iso xunto cos buracos para axustala á cara, suxire o seu uso nas representacións teatrais. Pero as súas reducidas dimensións non parecen facelo factible, polo que tamén se pode interpretar como un elemento decorativo para ser exposto nos corredores dos peristilos (oscilla)