Ánfora bética
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Praza de Santo Domingo (1986)
Museo Provincial de Lugo
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Almacenaxe
Torno, a man
Bética (Val do Guadalquivir)
Século I d.C.
Altura: 80/90 cm
 
Arxila / Ánforas
Haltern 70
Descrición

Este tipo de ánfora formalmente caracterízase por un corpo ovoide, rematado por un colo alongado e un beizo exvasado en forma de collarín. Ten dúas asas de sección cónica cunha ampla acanaladura central e o envase complétase cun pivote sólido (neste caso falta), que no seu interior acostuma ter unha bola de arxila.

Tratábase dun recipiente moi útil posto que era moi versátil, era un ánfora multiusos xa que podía conter distintos produtos, como derivados da uva (defructum, sapa), olivas e muria. A Haltern 70 é uns dos recipientes anfóricos mellor representados nas escavacións arqueolóxicas de Lugo e do NO peninsular. O material recuperado pode datar desde a época de Augusto polos trazos morfolóxicos nos seus acabados.

Bibliografía
001
001
001
001