Ánfora lusitana
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Praza de Santo Domingo (1986)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Almacenaxe (salgadura de peixe)
Torno, a man
Lusitania
Século I d.C.
Díametro boca: 16 cm. Altura: 24 cm
 
Arxila / Ánforas
Dressel 14
Descrición

Boca e colo de ánfora que se caracteriza por posuír un corpo cilíndrico irregular e termina en pivote cónico case sempre oco, pero tamén pode ser sólido, cunha bola de arxila no seu interior. O colo é cilíndrico e termina en beizo en forma de collarín vertical lixeiramente exvasado.

A produción desta ánfora está testemuñada na maior parte dos centros produtores lusitanos, dispersos polos vales dos ríos Tajo e Sado. Este tipo de ánforas tamén foron reproducidas na Bética e fóra da Península. Posuía unha capacidade de 30-35 litros, e estaban relacionadas co transporte de produtos piscícolas.

Bibliografía
001
001
001
001