|
||||||||||||||||||||||||||||||
Fragmento de bordo dunha ánfora de procedencia africana. Trátase dun envase cilíndrico de grandes dimensións. Neste caso cun beizo convexo redondeado na parte exterior e plano no interior. Ten unhas asas curtas de sección ovalada e acabada nun pivote sólido, curto.
En relación co seu contido, atribúeselle o transporte de salgaduras, en envases con dúas capacidades de 25 a 58 litros. Seguramente produciuse en máis dunha zona do Norte de África, aínda que son ben coñecidas en Nabeul (Neapolis, Túnez). A súa presenza tamén se constata nalgúns puntos da costa galega.