Cerámica:
Cerámica engobada

Dentro do repertorio da cerámica común, merece unha especial atención a denominada “cerámica engobada lucense”, caracterizada pola súa pasta (depurada, micácea, de estampa laminada e relativamente dura), e pola presenza dun pigmento vermello que as cobre e que se aplica de diferente maneira segundo o perfil ou función do recipiente. Son habituais tamén, en moitos dos exemplares, a presenza de marcas de oleiro (Quinti, Rufi, Rufiani, Secundi, Saturnini, Capito), que dan idea do especial prestixio do que gozaba esta produción en Lucus Augusti.

Trátase polo tanto dunha produción de carácter local, especialmente lonxeva, que se mantén activa dende o século I ata o século V d.C., ou algo máis, constituíndo un importante emporio de fabricación e distribución cerámica a teor da abundancia de fornos achados e da dispersión dalgunhas das súas producións, que dominan, principalmente, os mercados rexionais. Entre as primeiras produccións deste tipo, destacan as copas de imitación de terra sigillata gálica. Pero as produccións máis características son os cuncos troncocónicos e os pratos, co engadido, a finais da terceira centuria, dunha serie de xerras e diversos recipientes de imitación, como cuncos e grandes bandexas, inspirados nos exemplares tardíos da terra sigillata.

001
001
001
001
001
001