Cunco con selo
Procedencia:
Depósito:
Titularidade:
Cultura:
Uso:
Técnica
Orixe:
Cronoloxía:
Dimensións:
Peso:
Material/Grupo:
Forma:
Praza de Santo Domingo (1986)
Servizo Municipal de Arqueoloxía
Depósito da Xunta de Galicia
Romana
Servizo de mesa
Torno
Lucus Augusti
Séculos I - II d.C.
21,5 x 12,5 cm
 
Arxila / Cerámica Común
Alcorta ES1
Descrición

Cunco de base plana percorrida no seu fondo externo por unha acanaladura, corpo troncocónico lixeiramente arqueado e bordo horizontal ranurado. Pasta fina de tonalidade alaranxada con abundantes desgrasantes micáceos e cuarcíticos. A superficie interna, o bordo e unha franxa duns dous cms da cara exterior atópanse recubertas dun engobe vermello. No fondo, pola parte externa, leva un selo estampillado con marca de oleiro OF CAPITO, integrado nunha cartela rectangular.

Trátase dunha produción xenuína da industria local de Lucus Augusti, entre cuxas producións tamén se recoñecen pratos, fontes e xerras, cuxo denominador común é sen dúbida a presenza do engobe vermello. Esta vaixela conta cunha ampla difusión, sobre todo na área do convento lucense, pero que transcende tamén máis aló deste territorio, como demostran os achados da área asturicense ou bracarense. A presenza de marcas de oleiro en moitos dos exemplares desta produción, vén confirmar o especial prestixio do que gozaban estas pezas respecto doutras similares. Algúns dos selos de oleiros corresponden a Quinti, Rufi, Rufiani, Secundi, Saturnini e Capito, entre os máis coñecidos.

Bibliografía
001
001
001
001
001
001